Richards, J. C. & Rodgers, T. S. 1986. Approaches and Methods in Language Teaching: A Description and Analysis. Cambridge: Cambridge University Press.
método de ensino de linguas iniciado por Maximilian D. Berlitz desde finais do século XIX en todas as súas escolas de Europa e América, e que levou ata as súas últimas consecuencias os postulados do método directo. Gozou de gran popularidade en boa parte debido a que os estudantes adoitaban acudir ás escolas moi motivados, e a que contaban con profesorado nativo. Os seus postulados son os seguintes:
- a lingua vehicular na aula é a lingua meta;
- ponse especial coidado en ensinar palabras e oracións utilizadas a diario;
- as destrezas orais organízanse seguindo unha coidadosa progresión centrada nos intercambios pregunta-resposta entre o docente e o discente; trátase, xa que logo, dun ensino moi controlado e rutineiro no que se segue un libro de texto ao pé da letra;
- a gramática ensínase de forma indutiva;
- o vocabulario concreto preséntase coa axuda de obxectos e debuxos, mentres que o vocabulario máis abstracto introdúcese mediante asociacións de ideas; e
- ponse unha especial énfase na gramática e na pronuncia correctas.
Bibliografía: