Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Lingüística sistémica

Definición:

Teoría da linguaxe de orientación funcionalista desenvolvida polo lingüista británico M. A. K. Halliday. Entre os seus principios fundamentais cabe salientar dous:

  1. considera a linguaxe como un instrumento de comunicación que, como tal, debe ser analizado no seu contexto social, e
  2. entende a comunicación lingüística como un proceso de elección constante por parte do emisor entre os elementos dos distintos sistemas interrelacionados que compoñen a lingua (por exemplo, os sistemas de xénero, número, persoa, tempo, etc.)
Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Halliday, M. A. K. 1994. An Introduction to Functional Grammar. London: Edward Arnold. 2nd edition.

Correspondencia noutros idiomas
Galego: 
Lingüística sistémica
Inglés: 
Systemic linguistics
Francés: 
Linguistique systémique
Alemán: 
Systemlinguistik
Italiano: 
Linguistica sistemica
Polaco: 
Lingwistyka systemowa
Portugués: 
Linguística sistémica
Entrada anterior / seguinte:

Cómo citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/linguistica-sistemica, con data de acceso 29/01/2020).