Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Lingüística funcional

Definición:

modelo de análise e descrición lingüística (⇒ gramática 4) desenvolvido en torno ao concepto de función. De modo específico, emprégase a denominación con referencia á teoría lingüística formulada polo lingüista holandés Simon Dik. Fronte a visións máis formalistas, desde a perspectiva funcional a lingua enténdese como un instrumento de interacción social e debe ser estudada a través do uso que se fai das formas lingüísticas na comunicación. Así mesmo, o individuo considérase como un axente social que vive e se relaciona nun medio no que necesita adquirir e usar a lingua para comunicarse.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Dik, S. 1978. Functional Grammar. Amsterdam: North-Holland.

Halliday, M. A. K. 1978. Language as Social Semiotic: The Social Interpretation of Language and Meaning. London: Edward Arnold.

Correspondencia noutros idiomas
Galego: 
Lingüística funcional
Inglés: 
Functional linguistics
Francés: 
Linguistique fonctionnelle
Alemán: 
Funktionale Linguistik
Italiano: 
Linguistica funzionale
Polaco: 
Lingwistyka funkcjonalna
Portugués: 
Linguística funcional
Entrada anterior / seguinte:

Cómo citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/linguistica-funcional, con data de acceso 22/01/2020).