Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Lingüística educativa

Definición:

Área de estudo que se centra na aplicación dos métodos e avances teóricos e descritivos da lingüística en contextos educativos. Este campo científico ten a súa orixe na psicoloxía e socioloxía educativa. De acordo con Spolsky (1999), o seu ámbito de acción defínese como a intersección entre a linguaxe e a educación. Por unha banda, a función da lingüística educativa é definir o conxunto de coñecementos procedentes das numerosas e variadas ramas do estudo científico da linguaxe que puidesen ser relevantes para a educación formal e informal. Por outra banda, esta disciplina inclúe tamén aquelas áreas da educación formal e informal que teñen que ver coa linguaxe e co desenvolvemento lingüístico dos aprendices. Abarca pois un amplo conxunto de contidos entre os que destacan os seguintes: o contexto social na aprendizaxe de linguas (bilingüismo e multilingüismo, planificación lingüística, diglosia, lingua minoritaria), características individuais de aprendizaxe (adquisición de linguas, patoloxías lingüísticas e problemas na aprendizaxe de linguas), ensino da lingua materna (currículos nacionais, ensino e papel da gramática, ensino da lectura e a escritura), ensino de linguas adicionais (inglés básico, estratexias de comunicación, interlinguaxe, análise contrastiva), e pedagoxía da segunda lingua e da lingua estranxeira (inmersión, ensino do vocabulario, ensino da pronuncia, etc.).

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Spolsky, B. (ed.). 1999. Concise Encyclopedia of Educational Linguistics. Oxford: Elsevier.

Stubbs, M. 1984. “Applied Discourse Analysis and Educational Linguistics”, in Trudgill, P. (ed.), 1984, pp. 203-244.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Lingüística educativa
Inglés: 
Educational linguistics
Francés: 
Linguistique éducative
Alemán: 
Pädagogische Linguistik
Italiano: 
Linguistica pedagogica
Polaco: 
Lingwistyka edukacyjna
Portugués: 
Linguística educativa
Ruso: 
Образовательная лингвистика
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/linguistica-educativa, con data de acceso 07/12/2024).