Cenoz, J. 2000. “Research on Multilingual Acquisition”, in Cenoz, J. & Jessner, U. (eds.). English in Europe. The Acquisition of a Third Language. Clevedon, UK: Multilingual Matters, pp. 39-53.
Coñecemento e utilización de varias linguas por parte dun individuo ou un grupo. Desde a perspectiva do marco europeo común de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación, este concepto distínguese do de plurilingüismo. O multilingüismo limítase ao coñecemento que un falante ten de varias linguas ou á coexistencia de distintas linguas nunha sociedade determinada. O plurilingüismo, pola súa banda, implica un coñecemento máis profundo e unha maior integración da(s) lingua(s) estranxeira(s) na competencia comunicativa do individuo, xa que presupón que conforme un individuo se familiariza con novas linguas e culturas, esa experiencia non se almacena en compartimentos estancos, senón que o individuo pode relacionalos entre si para axilizar e facilitar a súa aprendizaxe.
Consejo de Europa. 2001. Common European Framework of Reference for Languages: Learning, Teaching, Assessment. Cambridge: Cambridge University Press. (Existe también una traducción-adaptación española del 2002 por parte del Instituto Cervantes, publicada en Madrid por el Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, y la editorial Anaya).