Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Inglés básico

Definición:

1. Variedade simplificada do inglés desenvolvida por Ogden e Richards en 1930 e concibida para ser empregada como lingua auxiliar ou servir como introdución ao inglés. Componse das 850 palabras consideradas máis esenciais ou básicas xunto a un número reducido de normas gramaticais.

Bibliografía: 

Ogden, C. K. 1930. Basic English: A General Introduction with Rules and Grammar. London: Routledge and Kegan Paul.

2. Conxunto de aspectos gramaticais, fonéticos e elementos do léxico da lingua inglesa que se inclúen nos programas docentes dos cursos de inglés para fins xerais. É necesario o coñecemento previo destes aspectos para poder levar a cabo calquera curso de inglés para fins escpecíficos. 

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Hutchinson, T. & Waters, A. 1987. English for Specific Purposes. Cambridge: Cambridge University Press.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Inglés básico
Inglés: 
Basic English
Francés: 
Anglais de base/ basic English
Alemán: 
Basisenglisch
Italiano: 
Inglese di base/ Basic english
Polaco: 
Angielski Podstawowy
Portugués: 
Inglês básico
Ruso: 
Базовый английский
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/ingles-basico, con data de acceso 15/10/2024).