Cowie, A. P. 1999. English Dictionaries for Foreign Learners. A History. Oxford: Oxford University Press.
Selección dun número limitado de palabras dunha lingua que se consideran básicas dentro da mesma para o seu emprego no ensino. Esta selección realízase tomando como base a creación de listas de termos que se elixen de entre todo o corpus léxico da lingua seguindo criterios de frecuencia (frecuencia de aparición dunha palabra determinada nunha mostra representativa de textos escritos relativos a temas e rexistros diversos, ou frecuencia de uso por parte dos falantes nunha situación comunicativa), e grao de familiaridade. O control de vocabulario é útil no ensino da segunda lingua para fins xerais, pero no caso da segunda lingua para fins específicos as necesidades do alumno obrigan a seleccionar un vocabulario máis especializado que permita ao estudante a comprensión e produción da lingua estranxeira en contextos moi concretos. O termo "control de vocabulario" foi acuñado arredor dos anos 20 e 30 do século pasado por estudiosos preocupados por racionalizar o esforzo do aprendiz de linguas estranxeiras, limitándoo a aquelas palabras máis utilizadas na comunicación diaria, e está na orixe dos primeiros dicionarios monolingües para aprendices de linguas.
Kennedy, C. & Bolitho, R. 1990. English for Specific Purposes. London: Macmillan. 1st edition (reprint).
Strevens, P. 1980. Teaching English as an International Language: From Practice to Principle. Oxford: Pergamon Press.