Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Segunda lingua para fins xerais

Definición:

Ensino da segunda lingua ou da lingua estranxeira normalmente integrado no marco dun sistema educativo, xunto con outras materias incluídas no currículo escolar. En contraste co que acontece no ensino da segunda lingua para fins específicos, aquí non se trata de atender ás necesidades e aos obxectivos específicos dun grupo de estudantes, senón de proporcionar aos discentes os fundamentos básicos para poderen comunicarse na segunda lingua en todas as facetas da vida diaria.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Hutchinson, T. & Waters, A. 1987. English for Specific Purposes. Cambridge: Cambridge University Press.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Segunda lengua para fines generales
Inglés: 
Second language for no obvious reasons / Second language for general purposes
Francés: 
Deuxième langue à des fins générales
Alemán: 
Gemeinsprachlicher Fremdsprachenunterricht
Italiano: 
Seconda lingua con fini generici
Portugués: 
Segunda língua para fins gerais
Ruso: 
Второй язык для общих целей
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/segunda-lingua-fins-xerais, con data de acceso 04/10/2024).