Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Segunda lingua para fins profesionais

Definición:

Impártese a aqueles que precisan aprendela para poder empregala no seu posto de traballo ou para exercer a súa profesión. Tal podería ser o caso, por exemplo, de médicos que traballen nun país francoparlante e que precisen o francés para intercambiar información con outros médicos e pacientes, ler e redactar informes, etc., ou de empresarios que precisen viaxar acotío e reunirse con outros colegas no estranxeiro, ou ler e escribir cartas e informes comerciais.

Bibliografía: 

Master, P. & Brinton, D.M. 1998. New Ways in English for Special Purposes. Alexandria, VA: TESOL

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Segunda lengua para fines profesionales
Inglés: 
Second language for professional purposes
Francés: 
Deuxième langue à fin professionnelle
Alemán: 
Professionaller Fremdsprachenunterricht
Italiano: 
Seconda lingua per scopi professionali
Portugués: 
Segunda língua para fins profissionais
Ruso: 
Второй язык для профессиональных целей
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/segunda-lingua-fins-profesionais, con data de acceso 19/04/2024).