Pike, K. & Brend, R. M. 1976. Tagmemics. The Hague: Mouton.
Disciplina que xorde do estruturalismo norteamericano e que ten como principal representante a K. L. Pike. A tagmémica propón un modelo de análise sintáctica na que o sistema lingüístico está dividido en tres xerarquías ou sistemas principais: o gramatical, o fonolóxico e mailo léxico, cada un dos cales se subdivide á súa vez en distintos niveis ou subsistemas dispostos nunha determinada orde dentro desa xerarquía. Así, por exemplo, o sistema gramatical consta dos niveis de morfema, palabra, frase, cláusula, oración e párrafo. O nivel do morfema é xerarquicamente inferior ao da palabra, que á súa vez é inferior ao da frase, e así sucesivamente.
Cada un destes niveis de análise está formado por unha serie de tagmemas, que son unidades básicas dentro deste modelo de análise gramatical no que entran en contacto a función e a categoría gramatical de cada segmento dentro do sistema lingüístico.