Crystal, D. 1997. The Cambridge Encyclopedia of Language. Cambridge: Cambridge University Press. 2nd edition.
Lingua inventada co propósito de mellorar a comunicación internacional. Algúns lingüistas prefiren o termo lingua auxiliar xa que consideran que as connotacións de “artificial” poden ser demasido restritivas. En xeral, as linguas artificiais constrúense a partir de elementos léxicos e gramaticais dun conxunto máis ou menos amplo de linguas naturais. Desde o século XVII houbo diversas propostas para crear unha lingua artificial —Crystal (1987) recolle un total de 10— pero, a pesar da relativa celebridade dalgúns intentos como o volapük ou a interlingua, o seu éxito foi en xeral escaso. O esperanto, creado polo filólogo polaco Ludwig Lazarus Zamenhof a finais do século XIX, é unha excepción xa que conta, segundo algunhas estimacións, cuns sete millóns de falantes en todo o mundo, considerándoo algúns deles a súa lingua nativa.
Fromkin, V. & Rodman, R. 1998. An Introduction to Language. Fort Worth: Harcourt Brace College Publishers. 6th edition.