Wardhaugh, R. 1986. An Introduction to Sociolinguistics. Oxford: Blackwell, 1992.
Aquela empregada como medio de comunicación entre grupos de falantes que carecen dunha lingua nativa común. O inglés, por exemplo, posúe esta función para gran parte da comunidade científica internacional. En nacións plurilingües nas que conviven grupos étnicos con linguas que non son mutuamente intelixibles emprégase en ocasións a lingua dalgún dos grupos para esta función (por exemplo, o suahili no leste de África ou o hindi na India) ou, con maior frecuencia, óptase por unha lingua neutral de comunicación internacional, que na meirande parte dos casos é a antiga lingua colonial (o caso do inglés na India).
Bibliografía: