Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Teoría de resposta á pregunta

Definición:

En exames e avaliación, sistema de avaliación dunha proba que ten en conta tanto ao candidato como ás características de cada unha das preguntas. A medición baseada na teoría de resposta á pregunta está deseñada para desenvolver unha escala de dificultade dunha pregunta que sexa independente da mostra na que se ensaiaron as preguntas; isto faise co fin de establecer comparacións entre a actuación de candidatos que fan distintas probas. A teoría de resposta á pregunta baséase na teoría da probabilidade, xa que amosa a probabilidade de que unha persoa acerte unha pregunta en particular. Deste xeito, tanto as puntuacións globais dos candidatos como os totais de cada pregunta transfórmanse nunha escala para que poidan ser relacionados entre si. A relación entre a actuación dos candidatos en cada pregunta e as habilidades que subxacen nesa actuación estúdiase empregando unha curva que describe as características de cada pregunta. Existen tres modelos da teoría de resposta á pregunta:

  1. o modelo de Rasch dun parámetro, que só analiza a habilidade dun candidato e a dificultade de cada pregunta;
  2. o modelo de dous parámetros, que tamén analiza a discriminación das preguntas; e mais
  3. o modelo de tres parámetros, que ademais estudia a posibilidade de que os candidatos acertaran unha pregunta por azar.

 

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Alderson, J. C., Clapham, C. & Wall, D. 1995. Language Test Construction and Evaluation. Cambridge: Cambridge University Press. (También existe una traducción al español en la misma editorial publicada en Madrid, 1998).

Crocker, L. & Algina J. 1986. Introduction to Classical and Modern Test Theory. New York: Holt, Rinehart and Winston.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Teoría de respuesta a la pregunta
Inglés: 
Item response theory
Francés: 
Théorie de réponse à la question
Alemán: 
Item Response-Theorie
Italiano: 
Teoria di resposta alla domanda
Portugués: 
Teoria de resposta ao item
Ruso: 
Теория тестовых заданий
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/teoria-resposta-pregunta, con data de acceso 07/12/2024).