Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Elección de código

Definición:

Decisión que toma un individuo de empregar unha ou outra das variedades lingüísticas do seu repertorio nun momento concreto dunha interacción lingüística. As opcións dispoñibles adoitan variar desde estilos de fala diferentes ata, nos casos de comunidades plurilingües, linguas distintas. O proceso de elección realízase normalmente de acordo cunhas normas de uso propias de cada comunidade de fala que adoitan ter en conta factores contextuais extralingüísticos, tales como a relación co interlocutor, o tema de conversa, a idade e o nivel educativo dos participantes ou o lugar no que ocorre o intercambio. 

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Appel, R. & Muysken, P. 1987. Language Contact and Bilingualism. London: Edward Arnold.

Fishman, J. A. 1965. “Who Speaks What Language to Whom and When?” Linguistics 2: 67-88.

Wardhaugh, R. 1986. An Introduction to Sociolinguistics. Oxford: Blackwell, 1992.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Elección de código
Inglés: 
Code choice
Francés: 
Choix de code
Alemán: 
Kodewahl
Italiano: 
Selezione del codice
Polaco: 
Wybór kodu
Portugués: 
Escolha de código
Ruso: 
Выбор кодов
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/eleccion-codigo, con data de acceso 10/11/2024).