Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Elementos marcados

Definición:

Termo que designa aquelas propiedades que son especiais e que non seguen a norma xeral. Contrasta cos elementos non marcados, é dicir, aqueles que non son específicos, senón básicos e máis frecuentes.

Exemplos: 

Por exemplo, en inglés a orde Suxeito-Verbo-Obxecto, como en They watch TV (“Eles ven a televisión”), é non marcado posto que esta é a orde de palabras máis común nesta lingua; pola contra, a estrutura Obxecto-Suxeito-Verbo, en Such TV programs I don’t watch (“Eses programas de televisión non os vexo”), é marcada, xa que non segue a distribución habitual de elementos na oración.

Bibliografía: 

White, L. 1989. Universal Grammar and Second Language Acquisition. Amsterdam: John Benjamins.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Elementos marcados
Inglés: 
Marked elements
Francés: 
Éléments marqués
Alemán: 
Markiertkeit
Italiano: 
Elementi marcati
Polaco: 
Elementy znaczone
Portugués: 
Elementos marcados
Ruso: 
Отмеченные элементы
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/elementos-marcados, con data de acceso 05/11/2024).