Gower, R., Phillips, D. & Walters, S. 1995. Teaching Practice Handbook. Oxford: Heinemann.
técnica mediante a cal o profesor insta ao alumnado a utilizar a lingua estranxeira de forma oral. O profesor pode tratar de facer participar ao alumnado na clase xa desde a fase de presentación en lugar de agardar ata a fase de práctica controlada ou a fase de produción libre. Pode pedirlle ideas, suxestións, opinións, achegas de todo tipo, así como animalo a que produza formas lingüísticas sobre as que non recibiu ningún tipo de instrución formal. É posible que non sexa quen de utilizar estruturas novas; con todo, pode adiviñar e utilizar formas lingüísticas que xa ten consolidadas. Se consegue contestar correctamente estará animados e, se non é así, darase conta da necesidade de aprender o material novo; desa forma estará motivado para aprendelo.
A única desvantaxe pode radicar na cantidade de tempo utilizado. Ademais é preciso ter en conta que non se pode elicitar algo que o alumnado non sabe. Se se pasa moito tempo no intento, os estudantes pódense sentir incómodos. Outro inconveniente é que se o docente elicita a resposta correcta dun discente, existe a posibilidade de que dea por feito que todos entenderon cando non sempre é así. Elicitar con éxito require que o profesor desenvolva as destrezas de saber escoitar ao alumnado e de responder rapidamente ás súas suxestións, usando o contacto visual, xestos e outra linguaxe non verbal, ademais de saber os seus nomes e manter a súa atención.
Matthews, A., Spratt, M. & Dangerfield, L. (eds.) 1985. At the Chalkface. London: Edward Arnold.
Ur, P. 1996. A Course in Language Teaching – Practice and Theory. Cambridge: Cambridge University Press.