Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Alternancia de códigos

Definición:

Tamén cambio de código.

Emprego alternativo de dúas linguas ou dúas variedades (códigos) no transcurso dunha mesma interacción. Cando o cambio dunha variedade a outra ten lugar no interior dunha mesma estrutura oracional, o fenómeno denomínase a miúdo mestura de códigos. Por exemplo: Si tu eres puertorriqueño, your father’s a Puerto Rican, you should at least, de vez en cuando, you know, hablar español (López Morales 1989: 173). A alternancia de códigos que se produce como resposta a cambios na situación (tema, interlocutor, etc.) recibe o nome de alternancia de códigos situacional. Fronte a esta, a alternancia de códigos metafórica redefine a situación a iniciativa do falante; por exemplo, o cambio dunha variedade estándar cara a unha variedade local pode expresar un grao maior de intimidade co interlocutor.

A alternancia de códigos é un fenómeno frecuente nas comunidades bilingües que, en xeral, esixe un alto grao de competencia lingüística nas linguas implicadas e posúe certas connotacións positivas pola súa estreita asociación coa identidade do grupo que o emprega.

Bibliografía: 

Appel, R. & Muysken, P. 1987. Language Contact and Bilingualism. London: Edward Arnold.

López Morales, H. 1993. Sociolingüística. Madrid: Gredos. 2ª edición.

Moreno Fernández, F. 1998. Principios de sociolingüística y sociología del lenguaje. Barcelona: Ariel.

Myers-Scotton, C. 1993. Duelling Languages. Grammatical Structure in Codeswitching. Oxford: Clarendon Press.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Alternancia de códigos
Inglés: 
Code-switching
Francés: 
Alternance de codes / Code-switching
Alemán: 
Kodewechsel
Italiano: 
Cambio di codici / Code-switching
Polaco: 
Zmiana kodu językowego
Portugués: 
Alternância de códigos
Ruso: 
Смена кода
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/alternancia-codigos, con data de acceso 03/12/2024).