Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Dinámica de grupos

Definición:

interacción que ten lugar dentro dun grupo, incluíndo tamén o estudo de factores tales como o liderazgo, as relacións e a toma de decisións que afectan á estrutura do mesmo grupo. 

A investigación en dinámica de grupos xurdiu nos anos corenta do pasado século e os seus resultados suscitaron interese en distintas esferas de actividade tales como o mundo dos negocios, a empresa, a política e máis recentemente a aprendizaxe. Na aprendizaxe de linguas, considérase que o funcionamento do grupo, integrado polo profesor e os alumnos, constitúe un factor crave tanto para entender o éxito como o fracaso da aprendizaxe. O uso de métodos de ensino comunicativos, nos que ocupa un lugar central a interacción entre os discentes, non fixo senón subliñar a importancia da dinámica de grupos na aula de linguas. A atención á dinámica de grupos na aula implica comprender a importancia de aspectos tales como: a estrutura interna dos grupos, as normas que rexen o seu funcionamento, os distintos tipos de liderado, a xestión de conflitos, como reforzar a amizade e a cohesión entre os discentes, como orientar o grupo cara á consecución de obxectivos, etc.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Dörnyei, Z. & Murphey, T. 2003. Group Dynamics in the Language Classroom. Cambridge: Cambridge University Press.

Forsyth, D. R. 2013. Group Dynamics. Belmont, CA: Cengage Learning. 6th edition.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Dinámica de grupos
Inglés: 
Group dynamics
Francés: 
Dynamique de groupe
Alemán: 
Gruppendynamik
Italiano: 
Dinamica di gruppo
Polaco: 
Dynamika grupy
Portugués: 
Dinâmica de grupo
Ruso: 
Групповая динамика
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/dinamica-grupos, con data de acceso 06/12/2024).