Boxer, D. 2002. Applying Sociolinguistics. IMPACT: Studies in Language and Society. Amsterdam: John Benjamins
Área de investigación que explota a relevancia das teorías e conceptos desenvolvidos pola sociolingüística para a solución de problemas prácticos. Así, por exemplo, os modelos que incorporan a variación como fenómeno sistemático e inherente ás linguas permiten entender mellor certos aspectos dos procesos de adquisición da linguaxe e son, polo tanto, aplicables ao ensino de linguas. Os avances da psicoloxía social no eido das actitudes lingüísticas son tamén de grande interese no ámbito educativo para o estudo das actitudes do profesor fronte ás variedades lingüísticas faladas polo seu alumnado e, en particular, fronte ao emprego na escola de variedades diferentes da estándar. Outras tarefas abordadas desde a perspectiva da sociolingüística aplicada abranguen desde a erradicación de prácticas lingüísticas sexistas ata a identificación de voces nos procesos xudiciais ou a solución de conflitos derivados de situacións de plurilingüismo.
Trudgill, P. (ed.). 1984. Applied Sociolinguistics. London: Academic Press.