Holm, J. A. 1989. Pidgins and Creoles. Cambridge: Cambridge University Press.
Tamén, ocasionalmente, denominado sabir. Un pidgin é unha lingua, en xeral carente de falantes nativos, que se desenvolve en situacións de contacto entre grupos de persoas que non posúen unha lingua común. Formalmente adoita caracterizarse por un vocabulario reducido e un compoñente morfosintáctico moi simplificado e regular. Nas situacións de contacto prolongado, o pidgin pode experimentar certo grao de elaboración para satisfacer un número crecente de necesidades comunicativas, dando lugar ao que se coñece como pidgin expandido. Algúns pidgins expandidos son hoxe linguas auxiliares de vital importancia en certas áreas multilingües e son empregados por un número elevado de falantes como, por exemplo, o Tok Pisin en Papúa Nova Guinea, falado por máis de catro millóns de persoas. Cando un pidgin se converte na lingua materna dun grupo, xeralmente sofre un proceso de expansión e elaboración, e pasa a ser un crioulo. A crioulización implica a expansión do vocabulario e o sistema gramatical.
Romaine, S. 1988. Pidgin and Creole Languages. London; New York: Longman.