Ander-Egg, E. 1993. Técnicas de Investigación Social. Buenos Aires: Magisterio del Río de la Plata. 23ª edición.
Representación gráfica das relacións sociais existentes entre un grupo de persoas. Para proceder á súa elaboración cómpre aplicar unha enquisa ou realizar unha entrevista ao conxunto de suxeitos que se pretende investigar, por exemplo, os alumnos dunha aula. Normalmente, pregúntaselles polas súas preferencias (ou por aquilo que non lles gusta) á hora de realizar algunha actividade concreta con outra/s persoa/s como, por exemplo, confeccionar un traballo de tecnoloxía, debuxar un mural, dar un paseo ou completar unha tarefa en grupo. Visualmente o sociograma adopta o círculo (ou outras figuras xeométricas) como representación de cada individuo, e a frecha como indicador da relación establecida, así como da súa dirección. A súa finalidade pode ser a localización dos “líderes” e dos “solitarios” ou “excluídos” polo grupo para potenciar as relacións que se consideran positivas e reorganizar aquelas que se estimen negativas para o pleno desenvolvemento das persoas.
Casanova Rodríguez, M. A. 1991. La Sociometría en el aula. Madrid: La Muralla.