Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Dominio

Definición:

Nun sentido xeral, refírese ao grao de coñecemento que posúe un individuo dunha lingua determinada.

Entradas relacionadas: 

Na descrición dos usos lingüísticos de comunidades ou grupos sociais plurilingües, emprégase este termo con referencia a cada un dos ámbitos de interacción definidos en termos de participantes, tema e contexto que se asocian convencionalmente co uso dunha ou outra das linguas que compón o repertorio lingüístico do grupo. Así, por exemplo, a conversa entre un docente e os seus estudantes dentro da aula sobre un tema relacionado coa escola podería corresponder a un dominio denominado “educación”, mentres que unha conversa sobre un tema cotián que tivese lugar entre pai e fillo na súa casa correspondería ao dominio da “familia”. Cabe imaxinar unha comunidade plurilingüe na que en cada un destes dominios se empreguen de forma habitual linguas diferentes. Como é lóxico, non existe unha relación pechada de dominios que se poida aplicar universalmente, senón que cada caso determina o número e a configuración dos que son relevantes para unha descrición detallada. No entanto, segundo o novo marco europeo común de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación (Consello de Europa, 2001), as actividades da lingua atópanse contextualizadas dentro de ámbitos concretos (dominios) que, a pesar de ser moi diversos, pódense clasificar en catro: o ámbito público, o ámbito persoal, o ámbito educativo e o ámbito profesional.

Bibliografía: 

Consejo de Europa. 2001. Common European Framework of Reference for Languages: Learning, Teaching, Assessment. Cambridge: Cambridge University Press. (Existe también una traducción-adaptación española del 2002 por parte del Instituto Cervantes, publicada en Madrid por el Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, y la editorial Anaya).

Fishman, J. A. 1965. “Who Speaks What Language to Whom and When?” Linguistics 2: 67-88.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Dominio
Inglés: 
Proficiency
Francés: 
Maîtrise
Alemán: 
Sprachbeherrschung
Italiano: 
Comando
Polaco: 
Biegłość
Portugués: 
Proficiência
Ruso: 
Свободное владение языком
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/dominio, con data de acceso 28/03/2024).