Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Repertorio lingüístico

Definición:

Conxunto de variedades lingüísticas (linguas, dialectos, estilos, etc.) que os membros dunha comunidade de fala teñen á súa disposición para comunicarse de forma apropiada en diferentes situacións. Gumperz (1977) definiuno non só como o conxunto de variedades, dialectos ou estilos utilizados por unha poboación socialmente definida, senón que incluíu tamén nese conxunto as normas que determinan esa elección. Algúns autores consideran oportuno distinguir entre o repertorio da comunidade no seu conxunto, que denominan repertorio lingüístico, e o repertorio propio de cada individuo, ao que se refiren como repertorio verbal.

Bibliografía: 

Gumperz, J. J. 1977. “Sociocultural Knowledge in Conversational Inference”, in Saville Troike, M. (ed.). 28th Annual Round Table Monograph Series on Languages and Linguistics. Washington D C: Georgetown University Press, pp. 191-212.

Wardhaugh, R. 1986. An Introduction to Sociolinguistics. Oxford: Blackwell, 1992.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Repertorio lingüístico
Inglés: 
Speech repertoire
Francés: 
Répertoire linguistique
Alemán: 
Sprachliches Repertoire
Italiano: 
Repertorio linguistico
Portugués: 
Repertório linguístico
Ruso: 
Лингвистический репертуар
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/repertorio-linguistico, con data de acceso 04/10/2024).