Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Modelo multidimensional

Definición:

modelo de adquisición de segundas linguas, proposto por Meisel, Clashen e Pienemann (1981), no que se distinguen trazos de desenvolvemento e trazos variacionistas. Os primeiros adquírense a medida que se van dominando as estratexias de procesamento, analizadas nun estudo sobre a orde de palabras en alemán. De acordo con esta teoría, existen tres tipos de estratexias de procesamento:

  1. estratexias de orde canónica, que mostran unha orde básica e nas que non se produce ningún cambio ou permutación na disposición dos elementos;
  2. estratexias de inicio/finalización, nas que non hai cambio dos elementos con respecto á estrutura na que aparecen, pero si hai cambio dos elementos iniciais dunha mesma estrutura a posición final, e viceversa; e, para rematar,
  3. estratexias de oración subordinada, nas que se poden producir movementos de elementos dunha oración principal a outra posición na oración; con todo, este cambio de posición non pode producirse en oracións subordinadas.

Pola súa banda, os trazos variacionistas pódense adquirir en calquera momento, ou mesmo poden non ser adquiridos, xa que dependen das actitudes sociais e afectivas do aprendiz.

Bibliografía: 

Ellis, R. 1994. The Study of Second Language Acquisition. Oxford: Oxford University Press.

Meisel, J., Clahsen, H. & Pienemann, M. 1981. “On Determining Developmental Stages in Natural Second Language Acquisition.” Studies in Second Language Acquisition 3: 109-135.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Modelo multidimensional
Inglés: 
Multidimensional model
Francés: 
Modèle multidimensionnel
Alemán: 
Multidimensionales Modell
Italiano: 
Modello multidimensionale
Polaco: 
Model wielowymiarowy
Portugués: 
Modelo multidimensional
Ruso: 
Многомерная модель
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/modelo-multidimensional, con data de acceso 04/10/2024).