Steward, W. A. 1972. “A Sociolinguistic Typology for Describing National Multilingualism”, in Fishman, J. A. (ed.), 1972, pp. 531-545.
Variedade dunha lingua promovida como modelo de uso correcto e empregada para as funcións de maior prestixio, sobre todo nos medios de comunicación, a administración pública e o ensino. A selección entre as distintas variedades existentes adoita obedecer a razóns extralingüísticas, xeralmente históricas e sociais (por exemplo, por ser a variedade falada nos centros urbanos de poder polos sectores sociais máis educados), e vai seguida dun proceso de codificación. Este último consiste fundamentalmente na fixación de normas ortográficas, a formulación de regras morfosintácticas explícitas e a elaboración de dicionarios.
Algunhas linguas de gran difusión internacional, como, por exemplo, o inglés, o francés ou o español, posúen distintas variedades estándar segundo a área xeográfica.