Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Integración

Definición:

1. En didáctica de linguas este termo fai referencia á combinación das catro destrezas lingüísticas en exercicios ou actividades concretas no deseño dun programa de estudos ou nas súas formulacións teóricas, así como na metodoloxía na que se basea o devandito programa. Distintas teorías e métodos de ensino desenvolvidos desde principios do século XX favoreceron certas destrezas deixando as outras de lado. Así, por exemplo, os métodos de ensino tradicionais baséanse, sobre todo, no desenvolvemento das destrezas de lectura e expresión escrita mentres que outros métodos que poñen unha énfase maior no valor da comunicación, tales como o método audiolingüe e o método natural, entre outros, basean o proceso de ensino no desenvolvemento das destrezas de comprensión oral e expresión oral, principalmente. Este desenvolvemento parcial das capacidades lingüísticas do alumnado é unha das razóns polas que a maioría destes modelos didácticos perden forza tras un período inicial. Aínda que non se pode dicir que haxa un método de ensino de linguas completamente efectivo e mediante o cal un estudante consiga unha competencia lingüística similar á dun falante nativo, na actualidade a tendencia xeral é a de combinar ou integrar as catro destrezas no deseño curricular e na planificación de actividades. 

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Doff, A. 1988. Teach English: A Training Course for Teachers. Cambridge: Cambridge University Press.

Ur, P. 1996. A Course in Language Teaching – Practice and Theory. Cambridge: Cambridge University Press.

2. Termo empregado para describir aqueles sistemas educativos nos que se recoñece o dereito das persoas con necesidades educativas especiais, sexan estas de carácter psíquico ou físico, a ser incluídas no proceso docente e procúrase a infraestrutura necesaria para que o seu acceso ao devandito sistema poida levarse a cabo. Forman parte desta infraestrutura a formación de persoal cualificado para a docencia, o apoio á docencia e o coidado destas persoas (profesor especializado, asistentes sociais, persoal sanitario, etc.), a adquisición de materiais didácticos especiais (libros escritos en sistema Braille, materiais audiovisuais, etc.), así como a adaptación dos edificios e centros de ensino (eliminación de barreiras arquitectónicas para os diminuídos físicos: instalación de ramplas, ascensores, etc.) e os seus accesos. 

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Dueñas Buey, M. 1991. La Integración escolar: aproximación a su teoría y a su práctica. Madrid: Universidad Nacional de Educación a Distancia.

García Fernández, J. 1998. Integración escolar: aspectos didácticos y organizativos. Madrid: Universidad Nacional de Educación a Distancia.

García García, E. 1994. La integración escolar: aspectos psicosociológicos. Madrid: Universidad Nacional de Educación a Distancia.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Integración
Inglés: 
Integration
Francés: 
Intégration
Alemán: 
Integration
Italiano: 
Integrazione
Polaco: 
Integracja
Portugués: 
Integração
Ruso: 
Интеграция
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/integracion, con data de acceso 13/10/2024).