Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Estudo piloto

Definición:

Tamén denominado experimento piloto ou caso piloto (en inglés, pilot case).

En investigación, ensaio ou proba a pequena escala, previo ao auténtico estudo, cuxa finalidade é a de verificar que as características da investigación (obxectivos, contidos e metodoloxía) son as adecuadas; en caso contrario, o experimento piloto permite realizar as modificacións oportunas antes de levar a cabo o verdadeiro proxecto. Polo xeral, este tipo de probas constitúe a fase previa a un experimento de campo. Por exemplo, pódese aplicar unha enquisa acerca dos contextos de uso dunha lingua, primeiro a un grupo reducido de suxeitos, para comprobar o tempo que tardan en responder ás preguntas, ou se estas son pertinentes, ambiguas, pouco claras, etc. No entanto, os estudos piloto non só se poden realizar sobre experimentos de campo; tamén é posible pór a proba material didáctico, por exemplo, un libro de texto ou un dicionario, antes da súa publicación, co fin de confirmar a súa utilidade ou facilidade de manexo tanto para o profesorado como para o alumnado. Do mesmo xeito, se se desexa verificar a validez e fiabilidade potencial dun exame, así como a súa adecuación en canto a formato e contidos, pódese recorrer a un exame piloto ou experimental (pilot test). 

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Fulcher, G. 2010. Practical Language Testing. London: Hodder Education.

Harris, P. 1989. Designing and Reporting Experiments. Milton Keines; Philadelphia: Open University Press.

Yin, R. K. 1994. Case Study Research: Design and Methods. Applied Social Research Methods Series, vol. 5. Thousand Oaks, CA: Sage Publications.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Estudio piloto
Inglés: 
Pilot study
Francés: 
Étude pilote
Alemán: 
Pilotstudie
Italiano: 
Studio pilota
Polaco: 
Badanie pilotażowe
Portugués: 
Estudo piloto
Ruso: 
Пилотное исследование
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/estudo-piloto, con data de acceso 24/04/2025).