Bung, K. (ed.) 1968. Programme Learning and Language Laboratory. London: Longman.
método de ensino que asume que é posible desglosar as tarefas de aprendizaxe en pequenas unidades (learning bits, en inglés). Esas unidades constrúense aos poucos para formar o todo. Este enfoque considera que se debería evitar cometer erros ata onde sexa posible e facilitar a consolidación do xa aprendido. Existen dúas variantes principais: estudo lineal ou intrínseco e estudo de ramificacións.
No primeiro caso, o estudo lineal ou intrínseco, os estudantes traballan ao seu propio ritmo o material que se lles presenta de forma gradual (en unidades). No estudo de ramificacións, ao estudante que ten dificultades cunha pregunta en particular remíteselle ao material suplementario ou de corrección que aparece nunha sección separada (unha rama) do programa. Despois, o estudante volve ao programa principal. É posible combinar os dous programas.
Honatt, A. P. R. 1969. Programmed Learning and the Language Teacher: Some Implications and Suggestions for the Use of Programmes in the Teaching of Foreign Languages. Harlow: Longman.
Lumsdane, A. & Glaser, R. (eds.). 1960. Teaching Machines and Programmed Learning. Washington D C: National Education Association.