Bisquerra Alzina, R. 1989. Métodos de investigación educativa. Guía práctica. Barcelona: CEAC.
Tamén investigación experimental.
Tipo de estudo no que o investigador manipula deliberadamente algún factor ou circunstancia e así pode comprobar o efecto que produce esta modificación noutro fenómeno. Por exemplo, poderíase verificar a eficacia dun método de ensino da L2 mediante un estudo experimental no que se altera a variable independente (o método) e se comproba o seu efecto sobre a variable dependente (o nivel de competencia lingüística acadado polo estudante medido, por exemplo, a través dun exame). A descrición dos obxectivos da investigación, do seu programa, dos procedementos estatísticos empregados na mesma, etc. coñécense dentro do estudo experimental como deseño experimental.
Os estudos experimentais contrastan cos chamados estudos correlacionais ou de observación, nos que as variables non poden ser controladas nin manipuladas polo investigador, de xeito que este se limita a recompilar datos e a formular hipóteses baseándose nas relacións que observa. Por exemplo, nun estudo sobre a relación entre o sexo do alumno e a súa motivación á hora de estudar unha segunda lingua, o investigador non pode modificar ningunha das dúas variables. Simplemente recollerá os datos e tirará as conclusións a partir das súas observacións.
Brown, J. D. 1988. Understanding Research in Second Language Learning: A Teacher’s Guide to Statistics and Research Design. Cambridge: Cambridge University Press.
Butler, C. 1985. Statistics in Linguistics. Oxford: Blackwell.
Seliger, H. & Shohamy, E. 1989. Second Language Research Methods. Oxford: Oxford University Press.