Brown, J. D. 1988. Understanding Research in Second Language Learning: A Teacher’s Guide to Statistics and Research Design. Cambridge: Cambridge University Press.
método de investigación primaria que consiste nun seguimento intensivo dun individuo ou grupo para estudar algún aspecto da súa actividade ou do seu comportamento; por exemplo, o desenvolvemento das competencias lingüísticas na L2 dun neno durante un curso escolar. Os estudos deste tipo poden centrarse nun suxeito (un estudante), un grupo (unha clase) ou ata nun programa de ensino, pero ha de tratarse sempre dunha entidade concreta, e non, por exemplo, dun problema ou dunha relación. Un estudo de casos pode ser individual ou colectivo (este último estudaría varios casos dentro dun mesmo proxecto); tamén pode ser intrínseco (se o interese primordial radica no propio caso) ou instrumental (se o estudo do caso é simplemente un medio para comprender outro fenómeno). Trátase normalmente de estudos de tipo cualitativo e lonxitudinal (compárese con método transversal), é dicir, que seguen a evolución do individuo ou do grupo no relativo a un aspecto do seu desenvolvemento durante un certo período de tempo. Algúns estudos de casos limítanse á observación e recompilación de datos, mentres que outros son intervencionistas, xa que observan á vez que instrúen ao suxeito ou ao grupo.
Duff, P. A. 2007. Case Study Research in Applied Linguistics. New York /London: Lawrence Erlbaum Associates.
Lowie, W. & Seton, B. 2013. Essential Statistics for Applied Linguistics. London: Palgrave.
Nunan, D. 1992. Research Methods in Language Learning. Cambridge: Cambridge University Press.
Patton, M. Q. 1990. Qualitative Evaluation and Research Methods. Thousand Oaks, CA: Sage Publications. 2nd edition.
Stake, R. E. 1995. The Art of Case Study Research. Thousand Oaks, CA: Sage Publications.
Yin, R. K. 1994. Case Study Research: Design and Methods. Applied Social Research Methods Series, vol. 5. Thousand Oaks, CA: Sage Publications.