Bogdan, R. C. & Bicklen, S. K. 1992. Qualitative Research for Education. An Introduction to Theory and Models. Boston: Allyn and Bacon. 2nd edition.
Procedemento utilizado en distintos tipos de investigación, entre eles a investigación lingüística. Consiste en que o investigador ou observador toma parte activa na situación que está estudando co fin de recoller datos para a súa posterior análise. Adóitase afirmar que o observador que ao mesmo tempo participa é capaz de comprender a situación de modo máis completo que o observador que simplemente a contempla desde fóra. Este tipo de observación contrasta coa observación chamada non participante, na que o observador se mantén totalmente á marxe de todo o proceso. Un tipo de observación participante é a que ten lugar nos estudos de casos intervencionistas, por exemplo, cando se desexa investigar os progresos que realiza durante un ano un adulto galegoparlante no seu dominio do francés, e o investigador actúa á vez como observador e instrutor do suxeito. A observación participante consta de tres fases: observación descritiva, observación focalizada e observación selectiva.
Larsen-Freeman, D. & Long, M. 1991. An Introduction to Second Language Acquisition Research. London; New York: Longman.
Patton, M. Q. 1990. Qualitative Evaluation and Research Methods. Thousand Oaks, CA: Sage Publications. 2nd edition.