Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Método transversal

Definición:

Tanto en investigacións sobre adquisición ou aprendizaxe de linguas como en estudos estatísticos, os datos poden recollerse lonxitudinal ou transversalmente. O método lonxitudinal efectúa un seguimento do mesmo individuo (estudo de suxeito único) ou dun grupo homoxéneo con respecto á característica que se ha de investigar durante un certo período de tempo: por exemplo, para estudar o proceso de adquisición do sistema de tempos verbais do galego obsérvase un grupo de cincuenta nenos e nenas desde os 2 anos ata que cumpren 5 (isto é, durante tres anos), e efectúanse probas sobre o seu desenvolvemento en distintos momentos da investigación, separados por intervalos axeitados. Pola contra, o método transversal contempla o grupo que se investiga como un conxunto heteroxéneo de comportamentos posibles nun momento determinado. Este método presenta a vantaxe de requirir menos tempo, co que se reduce a posible influencia de variables externas. Por exemplo, o estudo citado con anterioridade podería efectuarse recorrendo a un grupo de nenos e nenas de idades comprendidas entre os 2 e os 4 anos, subdividido en tres grupos: o grupo dos que teñen 2 anos (grupo A), os de 3 (B), e os de 4 (C), que se analizarían ao mesmo tempo nun momento dado. 

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Bisquerra Alzina, R. 1989. Métodos de investigación educativa. Guía práctica. Barcelona: CEAC.

Brown, J. D. 1988. Understanding Research in Second Language Learning: A Teacher’s Guide to Statistics and Research Design. Cambridge: Cambridge University Press.

Woods, A., Fletcher, P. & Hughes, A. 1986. Statistics in Language Studies. Cambridge: Cambridge University Press.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Método transversal
Inglés: 
Cross-sectional method
Francés: 
Méthode transversale
Alemán: 
Querschnittsmethode
Italiano: 
Metodo trasversale
Polaco: 
Metoda przekrojów
Portugués: 
Método transversal
Ruso: 
Метод поперечных срезов (в психологии)
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/metodo-transversal, con data de acceso 19/03/2024).