Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Variable externa

Definición:

Factor ou factores cos que non se traballa directamente nun estudo estatístico, pero que poden influír na interpretación ou nos resultados do mesmo e na súa validez. Pódense agrupar en catro campos:

  1. Variables ambientais. Refírense ás circunstancias en que se desenvolve a investigación. Por exemplo, os resultados pódense ver afectados polo feito de que o estudo teña lugar nunha situación natural ou, pola contra, creada artificialmente.
  2. Variables de grupo. Son os factores que afectan á creación dos grupos, por exemplo, a autoselección (o feito de que os suxeitos se presten voluntarios para o estudo), a mortalidade ou a maduración.
  3. Variables persoais. Refírense aos individuos que conforman a mostra, por exemplo, o efecto hawthorne (a actuación dos suxeitos vese afectada pola súa satisfacción ao seren escollidos), o efecto halo (provocado pola actitude positiva ou negativa dos suxeitos cara ao investigador), as expectativas dos suxeitos (estes adaptan a súa resposta ao que cren que o investigador espera deles), ou as expectativas do investigador.
  4. Variables de medición. Teñen relación cos métodos de cuantificación utilizados. Por exemplo, o efecto de activación (cando os propios métodos de medida crean ou consolidan actitudes ou cambios nos suxeitos) ou o efecto da práctica. Por exemplo, se se administra a mesma proba a un grupo en distintas ocasións e se obteñen resultados diferentes, estes poden deberse a que os individuos melloraron, pero tamén a que simplemente memorizaron as preguntas e corrixiron os seus erros.

Co fin de controlar as variables externas pódense tomar varias medidas:

  1. desenvolver a investigación en condicións tan naturais como sexa posible e nun período de tiempo non moi longo;
  2. asegurarse de que os individuos constitúan unha mostra aleatoria;
  3. procurar que os obxectivos do estudo non resulten demasiado obvios (por exemplo, introducindo preguntas de distracción); ou
  4. procurar que tanto os suxeitos como o investigador descoñezan previamente a constitución dos grupos, ou evitar que os suxeitos repitan a mesma proba, dividindo o grupo en dous (A e B) e administrando a cada metade dúas probas equivalentes en momentos distintos (por exemplo, A fai a proba 1 e B a 2, e 6 meses despois A fai a 2 e B a 1).
Bibliografía: 

Brown, J. D. 1988. Understanding Research in Second Language Learning: A Teacher’s Guide to Statistics and Research Design. Cambridge: Cambridge University Press.

Butler, C. 1985. Statistics in Linguistics. Oxford: Blackwell.

Fulcher, G. 2010. Practical Language Testing. London: Hodder Education.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Variable externa
Inglés: 
Extraneous variable
Francés: 
Variable externe
Alemán: 
Externe Variable
Italiano: 
Variabile esterna
Portugués: 
Variável externa
Ruso: 
Внешняя переменная
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/variable-externa, con data de acceso 07/12/2024).