Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Efecto da práctica

Definición:

Efecto positivo que supón practicar previamente o que se vai levar a cabo con posterioridade. A práctica é a actividade a través da que se consolidan e perfeccionan os coñecementos e as destrezas lingüísticas; polo tanto, a práctica podería considerarse como a actividade da aula de maior importancia. O efecto da práctica reflíctese de modo directo no rendemento do estudante. Así, por exemplo, é moi probable que o alumnado acade maior éxito nun exame que contén partes sobre as cales xa foi examinado nun pre-exame e que, polo tanto, xa practicou; deste xeito, obterá mellores resultados debido á práctica previa, e non tanto polo coñecemento que adquiriu no curso en si. 

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Butler, C. 1985. Statistics in Linguistics. Oxford: Blackwell.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Efecto de la práctica
Inglés: 
Practice effect
Francés: 
Effet de la pratique
Alemán: 
Übungseffekt
Italiano: 
Effetto della pratica
Polaco: 
Efekt praktyki
Portugués: 
Efeito da prática
Ruso: 
Эффект практики
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/efecto-practica, con data de acceso 09/10/2024).