Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Efecto Hawthorne

Definición:

Nos albores da psicoloxía industrial deduciuse, a partir dun estudo de Elton Maio sobre os traballos de Hawthorne en Chicago, que cando se observaba aos individuos nunha experiencia, estes normalmente obtiñan mellores resultados. Isto pode ser importante na investigación educativa se temos en conta que se introducimos algo novo na clase ou no currículo, as melloras que se obteñan poderían ser debidas á mera circunstancia de que existe a conciencia por parte dos estudantes de que están sendo observados. Por iso, é preciso ter en conta esta variable para poder tirar conclusións a partir de resultados verdadeiramente válidos e fidedignos.

Bibliografía: 

Brown, J. D. 1988. Understanding Research in Second Language Learning: A Teacher’s Guide to Statistics and Research Design. Cambridge: Cambridge University Press.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Efecto Hawthorne
Inglés: 
Hawthorne effect
Francés: 
Effet Hawthorne
Alemán: 
Hawthorne-Effekt
Italiano: 
Effetto Hawthorne
Polaco: 
Efekt Hawthorna
Portugués: 
Efeito de Hawthorne
Ruso: 
Хоторнский эффект
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/efecto-hawthorne, con data de acceso 29/03/2024).