Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Mortalidade

Definición:

Tamén mortalidade experimental.

En estatística, variable externa que pode afectar á composición dos grupos obxecto dun estudo estatístico. O factor mortalidade, tamén chamado desgaste (en inglés, attrition) ou abandono (en inglés, drop-out) fai referencia, por exemplo, a aqueles estudantes que abandonan o grupo, ben sexa porque se trasladan a outro centro de ensino, por enfermidade ou por outras causas. Este factor pode alterar a validez dunha investigación se as características dos suxeitos que abandonan en distintos grupos son diferentes; se isto sucede, a variable de mortalidade pode ser a causante de cambios imprevisibles ou incontrolados, os cales afectarán á interpretación dos resultados.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Brown, J. D. 1988. Understanding Research in Second Language Learning: A Teacher’s Guide to Statistics and Research Design. Cambridge: Cambridge University Press.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Mortalidad
Inglés: 
Mortality
Francés: 
Mortalité
Alemán: 
Sterblichkeit
Italiano: 
Mortalità
Polaco: 
Śmiertelność
Portugués: 
Mortalidade
Ruso: 
Смертность/ летальность
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/mortalidade, con data de acceso 09/10/2024).