Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Estudar no estranxeiro

Definición:

Área de estudo na adquisición de linguas que se ocupa de analizar os resultados da aprendizaxe dos estudantes que realizan estadías curtas ou longas no estranxeiro. Algúns estudos ocúpanse dos estudantes ERASMUS, que adoitan abarcar un semestre ou un ano académico, mentres outros se centran en alumnos que realizan estadías máis breves. Analízanse as diferentes variables que poden influír na aprendizaxe que abarcan aspectos como o grao de inmersión, o medio de instrución ou a duración. Mídese o resultado lingüístico, por exemplo, fluidez ou desenvolvemento léxico-gramatical, e os aspectos socioculturais. Tamén inclúe o desenvolvemento de intervencións pedagóxicas (Jackson 2019) e a análise de aspectos etnográficos (Roberts et al. 2001).

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Jackson, J. 2010. Intercultural journeys: From study to residence abroad. Basingstoke: Palgrave Macmillan.

Jackson, J. 2019. Online intercultural education and study abroad: Theory into practice. London: Routledge.

Pérez Vidal, C. 2014. Language acquisition in study abroad and formal instruction contexts. Amsterdam: John Benjamins.

Roberts, C.; Byram, M.; Barro, A.; Jordan, S. & Street, B. 2001. Language learners as ethnographers. Clevedon: Multilingual Matters.

Vande Berg, M.; Paige, R. M. & Lou, K. H. (eds.) 2012. Student learning abroad: What our students are learning, what they're not and what we can do about it. Sterling, VA: Stylus.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Estudiar en el extranjero
Inglés: 
Study abroad
Francés: 
Étudier à l'étranger
Alemán: 
Auslandsstudium
Italiano: 
Studiare all'estero
Portugués: 
Estudar no estrangeiro
Ruso: 
Учеба за границей
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/estudar-estranxeiro-0, con data de acceso 05/11/2024).