Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Ensino globalizado

Definición:

Tratamento pedagóxico conxunto dos contidos co fin de responder satisfactoriamente ás esixencias da aprendizaxe significativa. O Deseño Curricular Base (DCB) no sistema educativo español actual recomenda en xeral unha didáctica globalizadora. Isto quere dicir que, salvo naqueles casos nos que a priorización resulte lóxica ou conveniente, os contidos conceptuais, procedimentais e actitudinais non deben traballarse por separado (por exemplo, programando diferentes actividades de ensino e aprendizaxe para cada un, ou outorgando preeminencia a algún, frecuentemente o conceptual, sobre os outros), senón que é preciso planificar a intervención educativa de maneira que todos se complementen en calquera situación de aprendizaxe e en calquera etapa; dese modo asegurarase unha axeitada adquisición e desenvolvemento das capacidades apuntadas como obxectivos xerais. O principio de globalización exponse de xeito explícito no Deseño Curricular Base da educación primaria, onde se especifica que a metodoloxía de ensino debe ser globalizada e interdisciplinar.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Coll, C.; Pozo, J. I.; Sarabia, B. & Valls, E. 1992. Los contenidos en la Reforma. Enseñanza y aprendizaje de conceptos, procedimientos y actitudes. Madrid: Santillana / Aula XXI.

MEC (Ministerio de Educación y Ciencia). 1989. Diseño Curricular Base. Educación Secundaria Obligatoria. 2 vols. Madrid: MEC.

MEC (Ministerio de Educación y Ciencia). 1991. El Sistema Educativo Español. Madrid: CIDE-MEC.

Torres Santomé, J. 1994. Globalización e interdisciplinariedad: El currículum integrado. Madrid: Morata, 1996.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Enseñanza globalizada
Inglés: 
Global teaching
Francés: 
Enseignement globalisé
Alemán: 
Globalunterricht
Italiano: 
Insegnamento globale
Polaco: 
Nauczanie globalne
Portugués: 
Ensino globalizado
Ruso: 
Глобальное обучение
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/ensino-globalizado, con data de acceso 10/12/2024).