Adams, A. 1970. Team Teaching and the Teaching of English. Oxford: Pergamon.
Ensino dun número de clases e grupos de forma simultánea por un colectivo de profesores constituídos nun equipo. Este tipo de ensino require xeralmente unha coidadosa planificación, así como unha boa cantidade de reunións por parte dos docentes implicados para a toma de acordos e decisións sobre criterios de avaliación, metodoloxía e materiais didácticos a empregar. En moitas ocasións os diversos membros do equipo divídense o traballo dedicándose cada un deles a aquelas actividades nas que están máis especializados. Os resultados que se obteñen son xeralmente moi positivos e este tipo de ensino a miúdo conleva un desenvolvemento profesional do profesorado participante no mesmo.
Buckley, F. J. 1999. Team Teaching: What, Why and How? Thousand Oaks. London: Sage.
English Teaching Information Centre. 1989. Team Teaching in ESP. London: British Council & ETIC.
Shaplin, J. & Olds, H. 1964. Team Teaching. New York: Harper and Row.
Warwick, D. 1971. Team Teaching. London: University of London Press.