Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Oral

Definición:

Termo que fai referencia á lingua falada fronte á escrita. A partir da aparición do enfoque comunicativo concedeuse grande importancia ao ensino e práctica das destrezas lingüísticas de comprensión oral e expresión oral, tanto como ás de lectura e expresión escrita. Desde entón viñéronse desenvolvendo gran cantidade de estratexias e técnicas de ensino e aprendizaxe, así como actividades (de práctica máis ou menos controlada ou libre), todas elas dirixidas a desenvolver as capacidades comunicativas do alumno, é dicir, a súa capacidade de interacción oral. Ademais do fin comunicativo, outros obxectivos dentro do ensino das destrezas orais son lograr que o discente sexa capaz de recoñecer e comprender os distintos sons da lingua estranxeira, conseguir que os pronuncie correctamente ou fixe estruturas gramaticais e vocabulario.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Bygate, M. 1987. Speaking – Language Teaching. A Scheme for Teacher Education. Oxford: Oxford University Press.

McCarthy, M. 1998. Spoken Language and Applied Linguistics. Cambridge: Cambridge University Press.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Oral
Inglés: 
Oral
Francés: 
Oral
Alemán: 
Mündlich
Italiano: 
Orale
Polaco: 
Ustny
Portugués: 
Oral
Ruso: 
Устный
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/oral, con data de acceso 30/04/2024).