Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Resposta física total

Definición:

método de ensino de linguas desenvolvido por James Asher no que se pon énfase especial na comprensión oral, máis que nas destrezas produtivas.

Presenta as seguintes características:

  1. Teoría da lingua. Concepción estruturalista da lingua, baseada na gramática.
  2. Teoría da aprendizaxe. Insístese en que os mecanismos utilizados para aprender unha segunda lingua son os mesmos que os empregados ao aprender a primeira lingua. Préstase máis atención á comprensión oral e escrita que ás destrezas produtivas. Tamén se postula que o significado na lingua meta ha de comunicarse por medio de accións, xa que a memoria se activa grazas á resposta física do discente. En niveis iniciais, o ensino debe ir dirixido ao hemisferio esquerdo do cerebro, a parte que controla o comportamento non verbal.
  3. Obxectivo. O alumno ha de ter capacidade para comunicarse oralmente, sen inhibicións, cos falantes da lingua meta.
  4. programa. Baséase en criterios gramaticais e léxicos, pero se fai fincapé no significado, non na forma.
  5. Actividades. O docente empeza por pedir ao discente que leve a cabo ordes e instrucións por medio de respostas físicas (levantarse, sentar, abrir unha porta, etc.). En todo momento o docente ha de reducir o nivel de ansiedade do alumnado, tratando de non forzalo a falar na lingua meta ata que estea preparado para iso.
  6. papel do alumno. Ao principio o alumno ha de escoitar e levar a cabo as accións que se lle pide que realice.
  7. papel do profesor. O docente desempeña un rol activo, coma se fose o director dunha obra de teatro na que os alumnos son actores.
  8. Función dos materiais didácticos. Non se utilizan textos nin manuais preestablecidos. Estes só deben ser introducidos logo dun primeiro nivel no que teñen especial importancia a voz, as accións, os xestos, etc.
Bibliografía: 

Asher, J. 1966. “The Learning Strategy of the Total Physical Response: A Review”. The Modern Language Journal 50/2: 79-84.

Asher, J. 1969. “The Total Physical Response Approach to Second Language Learning”. The Modern Language Journal 53/1: 3-17.

Asher, J. 1987. Learning Another Language Through Actions: The Complete Teacher’s Guidebook. Los Gatos, Cal.: Sky Oaks Productions.10th edition

Larsen-Freeman, D. 1986. Techniques and Principles in Language Teaching. New York: Oxford University Press.

Richards, J. C. & Rodgers, T. S. 1986. Approaches and Methods in Language Teaching: A Description and Analysis. Cambridge: Cambridge University Press.

Sánchez Pérez, A. 2009. La enseñanza de idiomas en los últimos 100 años. Métodos y Enfoques. Madrid: SGEL.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Respuesta física total
Inglés: 
Total physical response
Francés: 
Réponse physique totale/ Méthode par le mouvement
Alemán: 
Total Physical Response
Italiano: 
Risposta fisica totale / Metodo TPR
Portugués: 
Resposta física total
Ruso: 
Общая физическая реакция
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/resposta-fisica-total, con data de acceso 07/12/2024).