Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Resposta cinética

Definición:

Información sensorial que percibe o individuo a través do sistema nervioso sobre o funcionamento dos seus órganos. Esta información permítelle controlar, coordinar e avaliar o seu funcionamento. No caso da percepción e produción lingüística, o falante leva a cabo os procesos de codificación e descodificación do discurso supervisando a súa competencia e actuación en todo momento. A información cinética que recibe sérvelle para corrixir ou modificar a posición dos órganos da fala, os ollos, as mans e os dedos para poder producir distintos sons, escribir, ler, etc.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Crystal, D. & Varley, R. 1998. Introduction to Language Pathology. London: Whurr Publishers Ltd. 4th edition.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Respuesta cinética
Inglés: 
Kinesthesic feedback
Francés: 
Réponse cinétique
Alemán: 
Kinesisches Feedback
Italiano: 
Risposta cinestetica
Portugués: 
Feedback cinestésico
Ruso: 
Кинестетический отзыв
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/resposta-cinetica, con data de acceso 07/12/2024).