Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Resposta auditiva

Definición:

Constancia auditiva que posúe un falante das secuencias lingüísticas a medida que as vai emitindo. Esta constancia auditiva permítelle manterse ao tanto do progreso do seu discurso, corrixindo os erros que poida cometer, e mantendo a cohesión e coherencia do mesmo de xeito simultáneo ao acto de emisión. Ao mesmo tempo, mantén informado ao emisor da efectividade da transmisión da mensaxe. A resposta auditiva tamén é importante desde o punto de vista dos receptores ou oíntes da mensaxe, que tamén poden utilizar esta información para supervisar o devandito discurso e corrixir erros. En diversos estudos sobre a resposta auditiva constatouse a importancia da mesma na construción do discurso por parte dos falantes.

Na seguinte oración en inglés, o falante emprega esta resposta auditiva para corrixir a súa pronuncia: Would you like a cup of sea or toffee? I mean tea or coffee? (Apetéceche un cé ou un tafé? Ben, quero dicir, té ou café?).

Exemplos: 

Na seguinte oración en inglés, o falante emprega esta resposta auditiva para corrixir a súa pronuncia: Would you like a cup of sea or toffee?  I mean tea or coffee? (Apetéceche un cé ou un tafé?  Ben, quero dicir, té ou café?).

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Vigil, F. & Oller, J. 1976. “Rule Fossilization: A Tentative Model.” Language Learning 26: 281-95.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Respuesta auditiva
Inglés: 
Auditory feedback
Francés: 
Réponse auditive
Alemán: 
Auditives Feedback
Italiano: 
Risposta auditiva
Portugués: 
Feedback auditivo
Ruso: 
Акустическая обратная связь
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/resposta-auditiva, con data de acceso 15/10/2024).