Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Resposta aberta

Definición:

Prodúcese cando nun exame ou tarefa o alumno ten a liberdade de contestar unha pregunta da forma que considere máis conveniente; é dicir, non ten que seleccionar unha resposta de entre un conxunto de alternativas dadas. Por exemplo, nunha actividade de lectura comprensiva poderíase facer unha pregunta como Por que marchou o mozo da vila?. A resposta podería ser O mozo pensou que os seus amigos xa non o querían. Ao contestar esta pregunta o estudante ten que escribir unha frase completa cuxa estrutura e contido serán diferentes á forma da pregunta. En cambio, a pregunta pechada O mozo marchou da vila porque xa non o querían os seus amigos? require a resposta Si ou Non; esta, con todo, non permite a posibilidade de demostrar nin o nivel de comprensión nin o nivel de competencia escrita do alumno. 

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Doff, A. 1988. Teach English: A Training Course for Teachers. Cambridge: Cambridge University Press.

Nuttall, C. 2000. Teaching Reading Skills in a Foreign Language. London: Heinemann. New edition.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Respuesta abierta
Inglés: 
Open-ended response
Francés: 
Réponse ouverte
Alemán: 
Offene Antwort
Italiano: 
Risposta aperta
Portugués: 
Resposta aberta
Ruso: 
Развернутый ответ
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/resposta-aberta, con data de acceso 24/04/2025).