Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Pregunta de exame

Definición:

Parte dun exame que o alumno ha de contestar. Os tipos de pregunta de exame son variados e dependen do tipo de resposta que se requira:

  1. Pregunta converxente ou pechada, para a que só hai unha resposta aceptable: Canto é dous máis dous?
  2. Pregunta diverxente ou aberta: o alumno ten que responder coas súas propias palabras e por extenso: Describe a situación social en Francia antes da Revolución francesa.
  3. Pregunta de elección múltiple: dánselle ao examinando varias respostas posibles das que só unha é a correcta e as demais funcionan como distractores. Un exemplo en inglés sería o seguinte: An international conference may (...) here next summer. a) hold; b) be hold; c) be held; d) be taken place; é dicir, Un congreso internacional pode (...) aquí o próximo verán” a) celebrar; b) ser celebrar; c) celebrarse; d) ser tido lugar.
  4. Pregunta de verdadeiro-falso: a resposta correcta é unha das dúas alternativas propostas: París é a capital de Francia: Verdadeiro ou falso?
  5. Pregunta de resposta estruturada: o examinando ten que facer algún tipo de achega ou dedución persoal coa axuda dun texto, un fragmento de vídeo, etc. Por exemplo, depois de ver un vídeo pídeselle ao alumno que complete un texto como o seguinte en inglés: London was founded by the (...) in the year (....); é dicir, Londres foi fundada polos (...) no ano (...)”.
  6. Pregunta de avaliación: os examinandos teñen que emitir un xuízo de opinión; por exemplo, as preguntas que se lles formulan para que falen das súas preferencias, intereses, gustos persoais, etc.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Alderson, J. C., Clapham, C. & Wall, D. 1995. Language Test Construction and Evaluation. Cambridge: Cambridge University Press. (También existe una traducción al español en la misma editorial publicada en Madrid, 1998).

Cohen, A. D. 1980. Testing Language Ability in the Classroom. Rowley: Newbury House.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Pregunta de examen
Inglés: 
Test item/ question
Francés: 
Question d'examen
Alemán: 
Prüfungsaufgabe
Italiano: 
Domanda d'esame
Polaco: 
Pytanie egzaminacyjne
Portugués: 
Pergunta de teste
Ruso: 
Тестовый вопрос
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/pregunta-exame, con data de acceso 17/03/2025).