Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Pregunta de elección múltiple

Definición:

Pregunta de exame que ten unha serie de respostas posibles. O alumno ten que elixir a resposta correcta descartando todas as demais, que actúan como opcións de distracción. Un exame baseado neste tipo de preguntas presenta dúas vantaxes principais: permite incluír unha gran variedade de material e a súa corrección é rápida e obxectiva. Entre as desvantaxes ou limitacións destacan dous aspectos importantes: por unha banda, non pode medir a competencia comunicativa do alumno na L2; por outra, os resultados obtidos polos estudantes resultan en ocasións enganosos, posto que non sempre reflicten os seus verdadeiros coñecementos senón as circunstancias do azar. Un test de elección múltiple en galego comporíase de preguntas como a que segue:

Ás persoas que non perciben ben as cores élles moi difícil (...) entre o azul e o verde.

  1. comparar;
  2. distinguir;
  3. contrastar;
  4. relacionar;
  5. conectar.
Exemplos: 

Un test de elección múltiple en galego comporíase de preguntas como a que segue:

Ás persoas que non perciben ben as cores élles moi difícil (...) entre o azul e o verde.

  1. comparar;
  2. distinguir;
  3. contrastar;
  4. relacionar;
  5. conectar.
Bibliografía: 

Hughes, A. 1989. Testing for Language Teachers. Cambridge: Cambridge University Press.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Pregunta de elección múltiple
Inglés: 
Multiple-choice item
Francés: 
Question à choix multiple
Alemán: 
Multiple-choice-Aufgabe
Italiano: 
Domanda a scelta multipla
Polaco: 
Pytanie wielokrotnego wyboru
Portugués: 
Pergunta de escolha múltipla
Ruso: 
Вопрос с множественным выбором
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/pregunta-eleccion-multiple, con data de acceso 19/04/2024).