Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Proxecto Curricular de Centro (PCC)

Definición:

Segundo nivel de concreción no deseño do currículo escolar do sistema educativo español. De acordo co que establece a LODE, a súa elaboración é responsabilidade dos centros escolares. Partindo dos principios e orientacións xerais que se sinalan no primeiro nivel (deseño curricular base ou DCB), o Claustro de Profesores de cada centro elabora o PCC, contextualizando e pormenorizando os obxectivos, contidos e métodos que propón o deseño base, co fin de adecualos á realidade e garantir a progresión e coherencia do ensino nas distintas etapas educativas. Ao PCC corresponde, xa que logo, a toma de decisións sobre aqueles aspectos que o DCB non especifica, é dicir, a concreción de obxectivos para ciclos e etapas (Proxecto Curricular de Etapa); a determinación dos contidos, a súa gradación e distribución nas etapas correspondentes; o establecemento da metodoloxía didáctica e os criterios de avaliación, e a organización do espazo, o tempo e os recursos. Finalmente, no caso do ensino secundario, os centros tamén deciden sobre as materias optativas e, respectando o número mínimo de dúas, sobre as modalidades de bacharelato que ofrecen. O PCC concrétase á súa vez no último nivel, é dicir, nas programacións de aula, estruturadas en unidades didácticas e cuxa elaboración corresponde aos profesores de área ou disciplina.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Gairín, J. & Darder, P. 1994. Organización de Centros Educativos. Barcelona: Praxis.

Rey Mantilla, R. & Santamaría, J. M. 1992. El Proyecto Educativo de Centro: De la teoría a la acción educativa. Madrid: Escuela Española.

Vidal García, J., Cárave, G. & Florencio, M. A. 1992. El Proyecto Educativo de Centro. Una perspectiva curricular. Madrid: EOS.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Proyecto Curricular de Centro (PCC)
Ruso: 
Учебный план Центра
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/proxecto-curricular-centro-pcc, con data de acceso 15/10/2024).