Lorenzo Delgado, M. & Sáenz Barrio, O. 1993. Organización escolar: Una perspectiva ecológica. Alcoy: Marfil.
Siglas de Lei Orgánica Reguladora do Dereito á Educación.
Aprobada o 3 de xullo de 1985, esta lei regula o dereito á educación —recollido no artigo 27 da Constitución Española— e determina as normas ás que se debe axustar o ensino nos niveis non universitarios do sistema educativo. Xunto con outras dúas Leis Orgánicas, a LOXSE e a LOU (Lei de Ordenación Universitaria, que veu substituír á LRU), a LODE desenvolve os principios e dereitos establecidos na Constitución Española en materia de educación. No Título Preliminar desta lei recóllense os dereitos e fins da educación (por exemplo, a capacitación para o exercicio de actividades profesionais), e os dereitos dos membros da comunidade escolar (profesores, pais e alumnos).
Os postulados fundamentais da LODE son dous: en primeiro lugar, o establecemento dunha rede integrada de centros docentes públicos e privados concertados para garantir a cobertura do dereito á educación (con respecto aos centros privados non concertados, a lei recoñece tamén o dereito á súa creación, así como o seu grao de autonomía); en segundo lugar, a LODE pretende asegurar a participación de todos os integrantes da comunidade escolar na organización e funcionamento dos centros escolares, así como na programación do ensino. A devandita participación lévase a efecto mediante dous órganos de goberno colexiados: o Consello Escolar e o Claustro de Profesores.
MEC (Ministerio de Educación y Ciencia). 1991. El Sistema Educativo Español. Madrid: CIDE-MEC.