Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

LRU

Definición:

Siglas de Lei de Reforma Universitaria.

Lei Orgánica que, xunto coa LODE e a LOXSE, desenvolvía ata a súa substitución no ano 2001 pola LOU, os principios e dereitos que establece a Constitución Española en materia de educación. Aprobada o 25 de agosto de 1983, a LRU tiña como obxecto o desenvolvemento do precepto constitucional da autonomía universitaria. Os principais elementos recollidos nesta Lei eran os seguintes:

  1. Fins xerais da Universidade, por exemplo, a creación, transmisión e crítica da ciencia, a técnica e a cultura.
  2. Distribución de competencias en materia universitaria entre o Estado, as Comunidades Autónomas e as propias universidades. A devandita distribución fundamentábase no principio de liberdade académica (de docencia e de investigación). Deste xeito, a Lei recoñecía, por exemplo, que as universidades terían autonomía no concernente á elaboración e aprobación de plans de estudo, a admisión de estudantes ou a verificación dos seus coñecementos.
  3. Estrutura departamental das universidades.
  4. Organización do persoal docente universitario.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

MEC (Ministerio de Educación y Ciencia). 1990c. Estudios en España. Nivel universitario. Madrid: MEC.

MEC (Ministerio de Educación y Ciencia). 1991. El Sistema Educativo Español. Madrid: CIDE-MEC.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
LRU (Ley de Reforma Universitaria)
Ruso: 
Закон о реформах в университете
Entrada anterior / seguinte:
LXE >

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/lru, con data de acceso 20/04/2024).