Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Mundo virtual

Definición:

Tamén coñecido como MUVE en inglés (Multi User Virtual Environment), é un tipo de tecnoloxía creada por ordenador que fai que o usuario sinta que está nunha realidade alternativa en tres dimensións. O mundo virtual convírtese nun lugar de traballo no que o usuario adopta unha nova personalidade por medio dun avatar co que se relaciona coa comunidade virtual a través de texto, voz e imaxe. O termo “mundo virtual” engloba diversos conceptos, desde os clásicos videoxogos, que teñen como obxectivo superar fases e chegar a unha meta establecida, ata contornas creadas para a interacción social, como Second Life, e outros pensados para contornas educativas. Os mundos virtuais son moi beneficiosos para o alumnado desde a perspectiva do construtivismo xa que permiten participar en actividades sociais que promoven a aprendizaxe significativa e a resolución de problemas. Do mesmo xeito, créanse oportunidades para o ensino por inmersión nunha lingua estranxeira, a aprendizaxe colaborativa, o enfoque por tarefas e a autoaprenizaxe. No ensino de linguas os mundos virtuais permiten a comunicación con usuarios doutros países como, por exemplo, falantes nativos, ou aprendentes da lingua en cuestión.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Childs, M. & Peachey, A. 2013. Understanding Learning in Virtual Worlds. London: Springer.

Freina, L., & Ott, M. 2015. “A Literature Review on Immersive Virtual Reality in Education: State of the Art and Perspectives”. eLearning & Software for Education 2015/1: 133-141.

Lai, C. 2017. Autonomous Language Learning with Technology: Beyond the Classroom. London: Bloomsbury.

Vincenti, G. & Braman, J. (eds.) 2010. Teaching through Multi-user Virtual Environments. New York: Information Science Reference.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Mundo virtual
Inglés: 
Multi user virtual environment
Ruso: 
Многопользовательская виртуальная среда
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/mundo-virtual, con data de acceso 10/12/2024).